Bio
Saúl Patiño, dono e enxeñeiro de mmetromastering, ten unha ampla experiencia de estudo na produción de música. Pasando por case todas as facetas como técnico de son, descubriu a súa paixón pola masterización e non tardou en crear o seu propio estudo.
Dende a infancia mostrou o seu interese pola música estudando piano e teoría musical no CSM Vigo. Diplomase pola Escola de Imaxe e Son da Coruña en 1998 como técnico superior de son, inicialmente desenvolvendo o seu traballo no cine e en moitos concertos como técnico de directo. Nesta tempada traballa para TVE sonorizando grupos. Despois de traballar en varios estudos, descubriu a súa vocación no mastering cando traballa en Estudos Areamáster, onde é responsable da masterización da maioría dos grupos que por alí pasan. Aquí coñeceu o traballo de Phil Newell e a idea desta sala queda forxada .
“Mastering é todo o que fago, o meu único obxectivo é facer o mellor de cada gravación e creo que cada novo proxecto vai ser mellor que o anterior.”