Info

En mmetromastering ofrecemos os seguintes servizos:

Mastering

Por enriba de todo, o noso traballo é a masterización profesional. Tecnicamente falando, o mastering é a etapa intermedia entre tomar a mestura feita nun estudo e a preparación para a súa distribución. Pero é máis que iso, é o proceso de conversión de un conxunto de temas a un disco co obxecto de soar como un todo en ton, volume e timing.

O Mastering non só o conseguen os equipos. É unha creación artística que require habilidade, experiencia e probar diferentes xéneros musicais.

Restauración

En moitas gravacións existen ruídos que non son desexados. Xeralmente pasan desapercibidos ata a etapa de masterización. Coas nosas ferramentas podemos limpar, corrixir e minimizar estes problemas.

Mix Checker

Seguro que tes unha gran canción con óptimas tomas, pero tes algunha dúbida… non se preocupe, basta enviar as súas mesturas e dígolle as miñas impresións de maneira  totalmente gratuíta.