Estudo

mmetromastering é un estudo de masterización situado na cidade da Coruña, no noroeste de España. Deseñado polo renomeado deseñador acústico Philip Newell (Reflexion Arts), a habitación posúe 42 metros cadrados, similar en tamaño e en características ó famoso estudo Masterfonics Mastering de Glenn Meadows. Creado exclusivamente para traballar estéreo e 5.1, ten proporcións perfectas, tornándose, en palabras de Philip Newell, nunha das súas mellores creacións ata agora.

mmetromastering atende aos tres principios fundamentais de unha sala de mastering: acústica controlada, un gran conxunto de monitores e un equipo de excelente calidade de son. Equipado con un par de monitores Reflexion Arts 239 evolucionados para masterización, fai unha combinación perfecta de acústica e monitores, dándolle a sala de unha escoita privilexiada e vital para a realización de calquer proxecto. A sala está equipada con unha selección de máquinas que mestura o mellor do analóxico e do entorno dixital e inclúe nomes como Manley, Crane Song, API, SPL, Waves, TL Audio, Apogee, Alesis, Mytek e numerosos plugins.